Catala Euskara Galego
  Foro Concordato  
 
DESCARGAS

Texto de Solicitud (pdf, 84kb)
Voluntarios (pdf, 34kb)

 

CHECK DENT

Vídeos sobre temas en odontologia, implantes dentarios, parodontitis, as fontes de problemas dentarios, raíz tratamento, coroa dentes, suspensórios e moito máis!



Carta dirixida ó Goberno Cental de España

Con esta recolla de asinaturas queremos pór en relevo que unha grande cantidade de cidadans exixe unha revisón urxente do Concordato entre o Estado Español (que envolve todas as comunidades autónomas) e a Santa Sede.


1.  Exiximos  a finalizazón do financiamento da igrexa a cargo do orçamento xeral do Estado. A igrexa, o mesmo que o resto das organizazóns relixiosas, debe  conseguir  por  si  mesma  os recursos abondo para a atenzón das súas necesidades.  Reclamamos  asemade a normalizazón das achegas triburarias ás arcas do estado por parte da igrexa e dos seus empregados.


2.  Exiximos  a  revisón  do ensino de Relixión. Se se imparte a cadeira de relixión  como  parte  do  currículo,  terá  de  ser  relixión  como  feito conteúdos será sempre responsabilidade do Estado. Os profesores deberán ter un  estatuto  xurídico (aceso, cesamento, dereitos, incluida a liberdade de cátedra,  e  obrigas)  igual  ao  resto  de  docentes: Empregados do Estado pagados  por el e sob a sua disciplina e inspeczón. O ensino confesional da relixión  debe  corresponder  sempre ás confisóns relixiosas e nunca formar parte do currículo.

3.  Exiximos  que  os acordos internacionais do Estado Español se axusten á Constituizón  Española  de 1978 nomeadamente no que di respeito aos artigos 14 e 27. España é un estado aconfesional donde existe a liberdade de culto e  os acordos estatais deben estar suxeitos a esa realidade constitucional. Requeremos  que  os  acordos  internacionais do Estado Español se axusten á Declarazón  dos  Dereitos Humanos de 1948, designadamente no que atinge aos artigos
2, 18, 19, 20, 25 e 26.

Quen   asinamos   esta   petizón   pertencemos   ao  mais  amplo  abano  de sensibilidades  sociais, políticas, culturais e relixiosas e queremos viver nun  ambiente baseado nos principios de liberdade, democracia, respeito dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.

 

NOTAS LEGAIS:

1.-  Os  abaixo-asinados  teñen  en  todo  o  momento  o  direito de aceso, modificazón,  oposizón  e cancelamento dos seus dados. Estes direitos poden nser exercidos por meio do enderezo electrónico: firmas@concordato.org
2.- Coa adesón ao presente documento, os abaixo-asinados autorizan de forma expresa o tratamento automatizado dos seus dados, de modo a cumprir os fins do comunidado.
3.-  Aqueles  dos abaixo-asinados que fornezan os seus enderezos de correio electrónico  autorizan o seu uso exclusivamente para receber informazón, de forma mui pontual, a respeito do desenvolvimento da campaña.